Sobre nós

LA MACANA é unha compañía de danza con base en Galicia (ES) formada no ano 2009 polos creadores e intérpretes Caterina Varela e Alexis Fernández.

 

As colaboraciones continuadas con outros artistas e a forte proxección internacional dos seus proxectos son dous dos pilares fundamentais sobre os que se constrúe LA MACANA.

 

Co seu primer traballo, VEN, premiado en diferentes ocasións e presentado en máis de dúas ducias de paises conseguen abrirse un oco na escea internacional, o que os anima a manter colaboracións con outros artistas e institucións extranxeiras ao longo dos últimos anos.

 

Ata o momento traballaron tanto en produccións propias, VEN, SHURE PG48, SOMETIMES, NO TITLE YET, en proxectos en colaboración con outros artistas, COLA DE GALLO, SEISdeCATRO, DROWN THE ROAD, INVISIBLE WIRES, ou como coreógrafos convidados para outras compañías, CHUCK & BRUCE, LUST.

 

Compaxinan a súa labor creativa coa pedagóxica, sendo tamén profesores convidados en diferentes centros internacionais.

NÓS
COLABORACIÓNS

 

 

ALEXIS FERNÁNDEZ (MACA)

 

Comeza a súa traxectoria profesional na compañía nacional Danza Contemporánea de Cuba despois de graduarse na Escola Nacional de Danza da Habana. Posteriormente forma parte do Ballet Ecuatoriano de Cámara e da compañía de danza-teatro cubana Retazos ata que se traslada a Galicia no ano 2004, onde vive dende entón.

 

Colaborou en diferentes proxectos nacionais dos que destacan o proxecto propio Entremans (compañía fundada por 4 bailaríns cubanos afincados en Galicia) e a súa relación coa compañía catalana La Intrusa, coa que continúa colaborando como intérprete na actualidade.

 

É no ano 2009 onde crea LaMacana xunto a Caterina Varela, proxecto baixo o cal se engloba o traballo artístico de ámbolos dous, co foco sempre aberto nas colaboracións con artistas e espazos, logrando unha notable visibilidade nacional e internacional.

 

En paralelo a LaMacana colabora habitualmente como intérprete coa plataforma alemana Pottporus/Renegade, formando parte das últimas creacións dirixidas por Julio César Iglesias, Neco Celic ou Susanne Linke.

Foi premiado en diversas ocasións; o Grand Prix da UNEAC en Cuba no 1933 e 1994 ao mellor bailarín, o 1º Premio e o Premio do Público e da Crítica do Certamen Coreográfico de Madrid por VEN, o Premio SGAE por VEN no Certamen Coreográfico Burgos – New York, entre outros.

 

Actualmente participa tamén como bailarín no último proxecto da compañía francesa WANG RAMÍREZ e forma parte do COLECTIVO RPM que dende 2017 desenvolve distintas accións para a creación contemporánea en Galicia.

 

 

CATERINA VARELA

 

Formada en danza, artes visuais e xestión cultural.

 

Nos inicios da súa traxectoria profesional como intérprete colabora en diferentes compañías de Galicia das que destacan ExperimentaDanza, Entremans e o Centro Coreográfico Galego.

 

É no ano 2009 onde crea LaMacana xunto a Alexis Fernández, proxecto baixo o cal se engloba o traballo artístico de ámbolos dous, co foco sempre aberto nas colaboracións con artistas e espazos, logrando unha notable visibilidade nacional e internacional.

 

En paralelo ao seu seu traballo artístico e de xestión dentro de LaMacana traballa como productora e mediadora cultural en diferentes proxectos dos que destacan MOV_S 2014, (encontro internacional de pensamento alrededor das artes vivas, impulsado polo Mercat de les Flors) e o proxecto de Programación Expandida TRCDANZA que dende a temporada 2014 coordina para o Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Impulsa ademáis o COLECTIVO RPM que dende 2017 desenvolve distintas accións para a creación contemporánea en Galicia.

 

Xenerar contexto para as artes do movimiento en Galicia é un dos seus principais intereses últimamente. 

 

Bios

Bios colaboradoras

 

 

LAURA ARÍS

 

Laura Aris é unha bailarina, coreógrafa e docente recoñecida internacionalmente. A súa experiencia inclúe nove anos como membro formal da compañía belga Ultima Vez – Wim Vandekeybus (1999-2008). Previamente, traballou con Lanònima Imperial (recibiendo o Premio á Mellor Intérpreteno Festival de Valencia 1999) e colabora con General Elèctrica, colectivo de artistas baixo a dirección de Tomà Aragay (Primer Premio Certamen de Madrid 1997) en Barcelona. Dende os últimos seis anos, traballa como artista independente desenvolvendo as súas propias prácticas creativas. Mantén un firme enfoque en colaboracións con outros artistas; en 2009, xunto con Jorge Jáuregui crea a plataforma artística Ember. A través do seu traballo busca promover diferentes formas de diálogo entre o intérprete e o público e enfatizar o poder evocativo do corpo en movimiento. Artista en Residencia na Academia para As Artes Escénicas de Hong Kong 2013-14.

www.lauraaris.blogspot.com

 

Colabora con LaMacana nas creacións COLA DE GALLO (2010) e DOUBLE TRACK (2011).

 

 

VLADIMIR CRUELLS

 

Vladimir Cruells considérase autodidacta. Influenciado pola cultura urbana e os debates sociales e políticos, desenvolve unha producción plástica que fai eco con problemáticas e temas tan diversos como o comportamento de Masa (turismo, consumo), Palestina e «os acontecementos» nos arredores de Paris en 2005.
A Vladimir Cruells gústalle multiplicar os seus medios de producción: esculturas, instalacións, obras mecánicas, grabados, etc. Xa sexan motores necesarios para establecer movementos ou xa sexan materias primas, a maioría das súas ferramentas son o resultado dunha actividade de recuperación, de reciclaxe ou de desviación. (Julien Fronsacq, 2008, Curador do « Palais de Tokyo » Paris)

www.vladimircruells.com

 

Colabora con LaMacana para a peza NO TITLE YET (2012), na creación e o espacio escénico.

 

 

CLAUDIA FACI

 

Claudia Faci é bailarina, coreógrafa, actriz, directora, docente e autora independente.
Titulada polo Real Conservatorio de Danza e formada como actriz no Estudio Internacional do Actor J. C. Corazza, traballou como intérprete en todo tipo de producións de danza e teatro así como en algunhas de cine e televisión.
Dende fai anos céntrase na súa faceta de autora para ofrecer unha obra que supón unha peculiar visión das artes escénicas e que se nutre da súa experiencia na danza, o teatro, a performance e a literatura.

 

Colabora con LaMacana como dramaturxista para as pezas SHURE PG48 (2010) e NO TITLE YET (2012).

 

 

TANJA MARIN FRIDJÓNSDÓTTIR

 

Tanja Marín Friojónsdóttir é  unha bailarina, creadora e performer nada en Islandia e actualmente afincada en Bruselas.

Tanja estudiou danza en ARTEZ, o Instituto das Artes de Paises Baixos y graduouse en 2005. Despois de terminar os seus estudios traballou entre Europa e o seu país natal, Islandia, antes de decidir trasladarse a Bruselas, onde reside actualmente.

Una gran parte da súa vida profesional foi dentro da famosa compañía belga ULTIMA VEZ / WIM VANDEKEYBUS onde participou nos montaxes “Nieuwzart” (2009), “Radical Wrong” (2011), “Oedipus / Bet Noir” (2012) e “Spiritual Unity” (2013).

Tamén traballou con outros coreógrafos como Roberto Olivan (ES), Jens van Daele (BE/NL), Margrét Bjarnadóttir (IS), Tony Vezich (NZ) e Rafaele Giovanola Endrass (CH / DE).

 

Colabora con LaMacana como bailarina en INVISIBLE WIRES (2016).

 

 

NIKO HAFKENSCHEID

 

Estudiou filosofía e traballou como crítico para o periódico belga De Tijd e para varias revistas de arte. Actualmente traballa como músico, compositor e dramaturgo musical para cine e artes escénicas, ademáis de firmar as súas propias creacións tomando como elemento principal a música.

Despois de formar parte como cantante e guitarrista da banda aMute traballa coa compañía Meg Stuart / Damaged Goods na peza “Maybe Forever” (2007), onde compón e interpreta en vivo a magnífica banda sonora que acompaña a coreografía de Meg Stuart e Philipp Gehmacher. “Maybe Forever” mantense en xira máis de catro anos conseguindo numerosos premios que a sitúan como unha das pezas clave na traxectoria de Damaged Goods. Tamén participa nun proyecto posterior, basado na improvisación, con Meg Stuart, Hahn Rowe e Vania Rovisco en Estambul.

Mentras tanto, empeza coas súas propias creacións da man das performers españolas Coral Ortega e Sara Sampelayo coas que constrúe distintas pezas, ademáis de colaborar con diferentes artistas como Kabinet K, o artista musical francés Cristophe Bailleau, o escritor belga Saskia De Coster, o diseñador de luces Jan Maertens e o coreógrafo Julio César Iglesias, entre outros, ademáis de colaborar como compositor para distintas películas que foron presentadas en numerosos festivais internacionais.

 

Colabora con LaMacana como compositor e intérprete en INVISIBLE WIRES (2016).

 

 

JANIS HELDMANN

 

Janis Heldmann é un bailarín, intérprete e músico alemán, nacido e afincado na cidade alemana de Bochum.

Comeza a súa traxectoria profesional no campo da danza urbana dende o ano 2001. Con su crew de breakdance Reckless gaña o Campeonato Nacional Alemán en dúas ocasións e representa a Alemania na máis importante cita mundial neste campo, a “Battle of the year” en Montpellier.

É a partir no ano 2009 e gracias a súa contínua relación coa plataforma alemana Pottporus / Renegade que Janis gaña en experiencia escénica ao formar parte de numerosas creacións con diferentes coreógrafos internacionais como Lorca Renoux en “Triptique” e “Rumble”, con Susanne Linke en “Ruhrort”, con Samir Akika en “Einer flog über das kuckucksnest” e con Julio César Iglesias en "The Family".

 

 

Colabora con LaMacana como bailarín en LUST (2013) e INVISIBLE WIRES (2016).

 

 

JULIO CÉSAR IGLESIAS UNGO

 

Julio César Iglesias Ungo é un bailarín e coreógrafo de orixe cubano afincado en Alemania.

Graduado da Escola Nacional de Artes da Habana,  é membro da compañía nacional Danza Contemporánea de Cuba como coreógrafo. Da súa traxectoria en Europa destacan as súas colaboracións como bailarín con Samir Akika / Unusual Symptoms (Alemaña) co que traballa en máis de cinco espectáculos, con Ultima Vez / Wim Vandekeybus (Bélxica) onde participa en dúas produccións, con Susanne Linke (Alemaña) na súa reposición de RurhOrt, ou, máis recentemente, dentro do proxecto de Helder Seabra.

Como creador firma varias creacións en Alemania como coreógrafo invitado: "Out of Body" para o Schauspielhaus de Bochum (Alemania) e “The Family”, producida por Pottporus / Renegade (Alemaña).

 

A relación con LaMacana empeza coa creación DROWN THE ROAD (2012) e en 2016 firma INVISIBLE WIRES, creación coproducida entre Alemaña e España.

 

 

JACOB INGRAM-DODD

 

Jake Ingram-Dodd formouse na Northen School of Contemporary Dance na cidade inglesa de Leeds e completou a súa formación cunha maestría no Método Laban como membro da compañía inglesa de danza TRANSITIONS.

Durante a súa estancia en Londres traballou, entre outros, con The Featherstonehaughs, PunchDrunk, Tilted Productions, Robert Clark, Roberta Jean e Sarah Dowling.

Foi galardoado coa Beca DanceWEB e púxose a traballar en Bélxica e Holanda para Ugo Dehaes, Hans Van den Broeck con Cie.SOIT e BailaLouca. Máis recentemente regresa a Londres para traballar con Lea Anderson, e comenzar un novo proxecto con SOIT, o proxecto pilotado por Hans Van der Broeck, en Bruselas. En 2015 participa na creación de ROOTLESSROOT "Europium".

Jacob foi profesor de forma extensa no Reino Unido e específicamente no traballo de contact/parterning con Tilted Productions e The Featherstonehaughs.

 

Colabora con LaMacana como bailarín en INVISIBLE WIRES (2016).

 

 

JORGE JÁUREGUI

 

Jorge Jáuregui traballou con diferentes colectivos e compañías en España (Damián Muñoz/Virginia Garcia, Moaré) antes de unirse a Ultima Vez – Wim Vandekeybus en 2004, onde participou nas creacións e xira dos espectáculos: Les Porteuses de Mauvaises Nouvelles, Puur, Spiegel, Menske e a película Hereafter. En 2009, creou, xunto a Laura Aris, Ember, unha plataforma artística para o seu traballo conxunto e as súas colaboracións. En outono de 2009, colaborou con LOD en Gante-Bélxica, para a creación e xira de Nachtevening, dirixida por Inne Goris.

 

Colabora con LaMacana na creación de COLA DE GALLO (2010) e DOUBLE TRACK (2011).  En 2016 e 2017 foi convidado ademáis para bailar INVISIBLE WIRES connosco en dúas ocasións.

 

 

DYMITRY SZYPURA

 

Dymitry Szypura é un bailarín nacido na cidade alemana de Kassel que empezou a súa formación na Staatlichen Balletschule de Berlín para máis adiante estudar na Escola Nacional de Artes do Circo en Rosny sous Bois (Paris) e tamén na francesa Escola de Circo Lido de Toulouse.

Despois de tomar distancia da acrobacia pura Dymitry encontra o seu lugar ao poñer o foco na danza e o teatro e empeza a traballar coa famosa compañía belga ULTIMA VEZ / WIM VANDEKEYBUS onde participou nos montaxes “Booty Looting”, “Spiritual Unity”, “Fear Not”, “Oedipus / Bet Noir”, “Radical Wrong”, “Niezwart”.

O seu interés vai un paso máis lonxe e decide traballar nunha creación propia co pintor Vicent Glowinski para la pieza “Méduse”.

Actualmente traballa nas súas propias creacións así como colaborando como intérprete para outros proxectos escénicos.

 

Colabora con LaMacana como bailarín en INVISIBLE WIRES (2016).