

INVISIBLE WIRES
INVISIBLE WIRES é a nova produción de LaMacana, un proxecto que abre unha nova liña de traballo na que acollemos a un coreógrafo convidado para que asine unha creación dentro de LaMacana, dentro da lóxica de colaboracións internacionais na que levamos poñendo o foco dende o inicio de este proxecto.
INVISIBLE WIRES está dirixida por Julio César Iglesias Ungo, un creador de orixe cubano que reside en Alemaña cunha interesante traxectoria en Europa e co que xa colaboramos en anteriores ocasións. Nesta ocasión, lanzámonos a esta aventura poñendo sobre la mesa unha carta blanca artística acompañada dunha estructura de producción onde conflúen diferentes apoios de institucións europeas e dun equipo artístico marabilloso.
Ademáis de Alexis Fernández, acompáñannos en escea outros cinco intérpretes cos que tivemos o placer de compartir este proceso de creación, a cabalo entre Alemaña e España, ata a súa entrea en Marzo de 2016 en TanzHaus nrw (Düsseldorf). Alexis Fernández, Tanja Fridjonsdottir, Janis Heldmann, Jacob Ingram-Dodd, Dymitry Szypura e a música orixinal e en directo de Niko Hafkenscheid, arropado polo diseño de iluminación de Afonso Castro.
En INVISIBLE WIRES encontrámonos cunha proposta enormemente física, envolta nun ambiente surrealista ao máis puro estilo de Julio César Iglesias Ungo, unha salvaxe mistura de persoaxes atormentados cabalgando entre o disparate, a morte, o amor e as lembranzas fragmentadas de todos eles. Unha experiencia intensa cunha fisicalidade deliciosa.
PRODUCIÓN
Una produción de LA MACANA
Coprodución con JULIO CÉSAR IGLESIAS UNGO, AGADIC (ES), THEATER IM PUMPENHAUS (DE), KUNSTIFTUNG NRW (DE), TANZHAUS NRW e GRANER (ES).
Residencias de creación: PUMPENHAUS (Münster) , GRANER (Barcelona) e TANZHAUS NRW (Düsseldorf).
Estrea: 11/03/2016 / TanzHaus Düsseldorf (DE)







EQUIPO
Dirección artística
Julio César Iglesias Ungo
Asistencia de dirección
Caterina Varela
Intérpretes
Alexis Fernández, Tanja Fridjonsdottir, Niko Hafkenscheid, Janis Heldmann, Jacob Ingram-Dodd y Dymitry Szypura
Música original e en vivo
Niko Hafkenscheid
Deseño de iluminación
Afonso Castro
Dirección de produción
Caterina Varela
Asistencia de produción
Rut Profe-Bracht