

NO TITLE YET
“…non definir un corpo pola especie á que pertence,
se non polos afectos dos que é capaz”
Deleuze
Este proxecto nace da inquedanza por descubrir novos xeitos de relacionarnos co espazo e co movemento y empezou a xerminar grazas á aposta que Carolyn Carlson fixo polo noso traballo. Convidándonos a residir no Centro Coreográfico que ela mesma dirixe en Roubaix-Nord Pas de Calais durante un periodo dun mes, permitiunos comezar a investigar novos xeitos de producir linguaxe e a partir de pautas distintas ás que coñéciamos. Para isto convidamos a Claudia Faci, en calidade de dramaturxista, e ao artista plástico francés Vladimir Cruells a acompañarnos na aventura que máis tarde continuou desenvolvéndose no noso territorio, Galicia.
Por primeira vez no noso curto percorrido decidimos traballar no formato de solo, algo que resulta bastante relativo se se ten en conta a multiplicidade de rexistros, persoaxes ou caracteres susceptibles de aparecer e habitar o espacio escénico ocupado por un solo intérprete.
Ao longo do proceso de creación, tratamos de aproximarnos a un corpo non organizado, pura vitalidade poderosa e libre: un corpo cheo de afectos, de intensidades, no que se poden atopar umbrais, zonas, polos. Un corpo capaz de responder aos estímulos externos deixando de lado os conceptos, prexuicios, escrúpulos e convencionalismos dos adultos e explorar o mundo que o circunda inventándoo á vez que o descubre.
PRODUCIÓN
Unha produción de LA MACANA
Coprodución con CAROLYN CARLSON – Centre Chorégraphique National Roubaix Nord-Pas de Calais
Residencia de creación: CCN ROUBAIX
Residencia de creación: NORMAL / UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Estrea / 12/06/2012 / Cádiz (ES) – Festival Cádiz en Danza

EQUIPO
Dirección
Alexis Fernández & Caterina Varela
Creación
Alexis Fernández, Caterina Varela & Vladimir Cruells
Interpretación
Alexis Fernández
Espacio escénico
Vladimir Cruells
Asistencia
Claudia Faci
Iluminación
Octavio Mas