

PINK UNICORNS
O punto de partida da nova creación de La Macana en colaboración con Samir Akika é un reto, o reto de por en escena a un pai co seu fllo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubano que na súa amplia experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano. Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva “millennial” co seu querido pai.


PRODUCIÓN
Unha produción de LA MACANA
Coprodución con AGADIC (ES), THEATER IM PUMPENHAUS (DE), THEATER BREMEN (DE).
Residencias de creación: FUNDACIÓN LUIS SEOANE (A Coruña), PUMPENHAUS (Münster), THEATER BREMEN.
Estrea: setembro 2018, Theater im Pumpenhaus





Dirección artística
Caterina Varela, Samir Akika & Alexis Fernández
Intérpretes
Alexis Fernández & Paulo Fernández
Deseño de espazo
Tilo Schreieck
Deseño de iluminación
Afonso Castro
Dirección de produción
Caterina Varela
ENTREVISTAS
Nesta serie de vídeos podedes coñecer como foi a experiencia do proceso de creación para a equipa artística.